O voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro, os senadores Dámaso López, Roberto Carlos Rodríguez e Gerardo Criado, e o deputado no Congreso, Joaquín García Díez, compareceron este venres en rolda de prensa para garantir aos lucenses que, “grazas ao compromiso do Goberno de Rajoy, Lugo non vai quedar fóra da Alta Velocidade”. Proba delo, asegurou Barreiro, é que o AVE “é unha cuestión irrenunciable para Lugo”; de aí que esta infraestrutra reciba unha aportación de 25,17 millóns de euros en 2017, supoñendo isto un incremento do 40% con respecto ao executado en 2016.
Por tanto, as contas, que cumpren, ademais, o obxectivo fundamental para os Gobernos do PP, como é a creación de emprego e teñen un marcado carácter social, ao iren orientados a mellorar a Educación e a Sanidade, “reiteran o compromiso firme da chegada do AVE á provincia”.
“Os datos están aí. Nós mantemos a mesma posición, logo outros dirán o que estimen dicir pero a realidade é que Lugo non vai quedar fóra. Con estes Orzamentos é posible cumprir este obxectivo. Hai un compromiso claro e firme do presidente da Xunta e do presidente do Goberno que se materializa a través da conexión Lugo-Monforte”, afirmou Barreiro. E é que, subliñou, “tanto no que atinxe á entrada nos prazos establecidos, como no que ten que ver o acceso a esta alta velocidade de Lugo, non imos a renunciar”. A este respecto, indicou que, “como sinalou recentemente o propio Núñez Feijóo, estableceremos un marco de seguemento, de carácter bilateral entre Fomento e a Xunta, para velar pola execución dentro dos prazos temporais que temos para executalo, pois se por nós fose o Presuposto non sería para medio ano, senón para o exercicio completo”, afirmou.
Tendo en conta a importancia das cifras, o Senador popular criticou “certa hipocresía” reflictida na valoración realizada en días pasados sobre este asunto polos direxentes lucenses do Partido Socialista, e apelou á responsabilidade dos mesmos en Madrid, en Lugo e en Galicia para que teñan altura de miras e se sumen á aprobación do documento orzamentario. “Se o fan, temos garantida a chegada da Liña da Alta Velocidade a Lugo porque os Orzamentos cumpren este compromiso. Pode pelexar por melloralos nas emendas, pero non descartalos porque entón non temos nada. É dicir, se tanto nos interesa a Alta Velocidade hai uha fórmula moi clara de tela garantida: se os deputados socialistas galegos votan a favor e non os vetan témolo garantido. O único risco que existe para Galicia e para esta provincia é a posición que adopten os responsables socialistas galegos nos Orzamentos”, concluíu.