Seoane: “Ogallá chegemos a maio con opción de mirar cara arriba”

O capitán do CD Lugo, Fernando Seoane, foi o xogador que atendeu hoxe aos medios de comunicación na sala de prensa do Anxo Carro. Seoane amosou a súa ledicia pola actual clasificación do equipo albivermello e tamén manifestou o seu desexo cara o final da tempada. “Queremos sumar os máximos posibles ata onde podamos chegar. Estamos nunha situación cómoda, moi favorable e ogallá poidamos seguir aí, pelexando con todos ata o mes de maio, que é onde vai a ser
definitivo. Ogallá poidamos chegar aí con opción de mirar para arriba.”

O centrocampista de Ames subliñou tamén a importancia da boa xeira de resultados coa que arrincou o equipo a segunda volta, tras tres derrotas consecutivas “agora parece que temos outra vez a racha boa e hai que estirala ao máximo”, pero o capitán sabe que sacar os tres puntos nas segundas voltas é moito máis “difícil” que nas primeiras.

Sobre o rival ao que se enfrontarán os albivermellos esta fin de semana, Seoane aclarou que”cada partido e cada equipo ten as súas particularidades”, e subliñou o sistema tan atípico co que tende a xogar o Albacete, cunha defensa de cinco. “Non é algo que nos atopemos tódolos domingos e hai aspectos que se traballan tódalas semanas de cara ao partido de esa fin de semana. En xeral, a idea que temos non vai cambiar, o que fixemos na primeira volta válenos moito para a segunda”.

O capitán busca lograr un equipo competitivo, que varíe aspectos en función do rival de cada semana. Así, a pesares de que o CD Lugo utiliza máis a liña de catro, 4-2-3-1 ou 4-4-2 como as formacións máis habituais, “a defensa de cinco cambia un pouco e estivémola traballando onte e hoxe. Seguiremos insistindo no que haxa que variar para poder contrarrestalo porque non é o habitual e vainos a poñer en dificultades seguro.”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com