A Xunta de Galicia e o Concello de Lugo sentáronse hoxe a asinar o primeiro dos convenios de colaboración entre o Concello, Sanidade e o Sergas para a execución das obras do antigo Xeral. Os documentos asinados hoxe, dan un paso máis no proxecto do centro integral de saúde, que se levantará no edificio do antigo Materno Infantil.
Neste acordo, o Concello comprométese a asumir o mantemento dos viais e as zonas verdes do entorno do centro de saúde ademáis de todos os gastos necesarios para dotar á parcela das infraestruturas precisas como poderían ser accesos rodados e peonís, abastecemento de auga, saneamento, subministración eléctrica e de gas, alumeado ou telefonía nas condicións precisas.
Neste senso falou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro esta mañá quen asegurou que o ente autonómico xa ten solicitada a licenza de obras deste centro integral de saúde cun investimento de 8.3 millóns de euros.