“Sería unha pena que eses cartos non executados, causasen remanentes, é o que semella que prefire o Goberno”

O Grupo Provincial do Partido Popular vén de pedir oficialmente e por escrito ao goberno da Deputación que notifique e informe aos Concellos da posibilidade de substituír as subvencións nominativas concedidas para fomentar eventos e que non se puideron levar a cabo pola crise da covid-19 por outros convenios que estimen oportunos.

O Partido Popular traslada así esta demanda ao executivo encabezado por José Tomé, unha vez detectado que algunhas entidades locais renunciaron a estas achegas pola imposibilidade de celebración.

O voceiro deste Grupo, Javier Castiñeira, considera que “sería unha pena que ese diñeiro que non se executou e que non se quixo traducir en axudas para autónomos e pemes como pedía o Partido Popular, non se usase e si que causase remanente, que é o que semella que prefire o goberno”.

Os populares fan esta petición por escrito porque, engade Castiñeira, “todos sabemos que é un exercicio complexo, polo que cómpre que se explique pormenorizadamente a posibilidade do cambio aos alcaldes e alcaldesas da provincia”. “Así o apreciamos logo dos informes dos servizos xurídicos, dada a excepcionalidade, e así o pedimos para que todos os Concellos e entidades ou asociacións teñan a mesma oportunidade, pois non sería de recibo de que se perdesen este fondos”, conclúe o voceiro do PP.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com