SES apraza o seu concerto na Sala Tebras ata o 30 de abril

A Sala Tebras vén de informar que a cantante SES decidiu aprazar o seu concerto en Lugo, programado para este sábado 14 de marzo, ata o 30 de abril, como prevención ante a posible propagación do Coronavirus (COVID-19).

Segundo informa a sala lucense, xa están dispoñibles as entradas para a nova data na web ataquilla.com. Así e todo, quen xa tivera a localidade mercada para este sábado, poderá acceder ao concerto do 30 de abril coa mesma, segundo indica o equipo da artista.

De todos os xeitos, aqueles que desecen solicitar a devolución da entrada, poderán facelo nun prazo de dez días a contar dende hoxe, xoves, 12 de marzo.

Dende a Sala Tebras sinalan que esta decisión, tomada pola cantante, non afectará, en principio, a ningún dos outros concertos programados que terán lugar nas datas iniciais. Así, Ilegales tocará este venres 13 de marzo, e Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre continuarán programados para o vindeiro 4 de abril.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com