Setenta e tantos

Recibir en tempo e forma a primeira dose da vacina Pfizer, colócame na situación de privilexio que só se adquire por orde cronolóxica.

Se en marzo de 2020 nos esmagou a lousa dunha pandemia que non nos deixaba máis solución que pecharnos ata que se atopase unha vacina, sabíamos que para conseguir un elemento de loita así fan falla infinitos esforzos e anos de investigación. E sen embargo conseguíronse varias vacinas antes dun ano, e comezouse a vacinar as persoas de maior risco, residentes nos centros da terceira idade.

Se agardar pola vacina foi un proceso relativamente curto, difícil se planteaba a súa comercialización, e distribución, e non digamos a súa aplicación. Pero visto está que cando o problema afecta a todos, gobernantes, poderosos e negociantes, o proceso avanza con rapidez para conseguir resultados.

E en tempo record, comezouse a vacinar, a unha velocidade que  non houberamos suposto hai ben pouco tempo. E hai unha semana tocoulle aos da miña quinta, e ao Hula acudimos, convocados minuto a minuto con precisión militar, atopando perfección absoluta por parte de quen coida da nosa saúde, téndonos dado nese coidado exemplo de precisión e humanidade.

Conforta participar pasivamente neste operativo perfecto, e reafirma na convicción de que a sanidade é un dos maiores beneficios logrados pola sociedade que nos envolve. E á vez que temos que felicitar e felicitarnos de que o proceso de vacina funcione de xeito perfecto, remato mostrando o meu asombro por saber que de cada 100 citados de setenta e tantos anos só acudimos 70. Síntoo ben por ese trinta por cento que pasa do tema.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com