Shrek chega a Lugo cun coro gospell e en galego

Shrek o Musical é a primeira adaptación oficial da productora DreamWorks que fai ao galego da man de Coda TM. O musical Shrek, é a representación da oscarizada película de DreamWorks, baseada nos personaxes do libro ‘Shrek’ de William Steig. Medio centenar de actores en escena con músicos en directo forman un coro de gospell, que compraron os dereitos á produtora e montaron este musical no que destacan, en gran medida, os espectaculares vestiarios.

Nenos e adultos poderán gozar deste musical, baixo a dirección de Olalla Bouzas, coa súa adaptación ao noso idioma e co que poderán achegarse, un pouco máis, a valores como a acepación, a amizade, a autoestima, aos estereotipos e ás diferencias. O valor que inpregnan as letras e esceas de este espectáculo cheo de maxia e sorpresas para toda a familia.

O musical, que terá lugar o 22 de decembro no Auditorio Gustavo Freire, terá unha duración aproximada de dúas horas. As entradas están xa a venda en ticketea.com

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com