Si, hai saída organiza unha xuntanza con entidades implicadas na atención ás vítimas de violencia de xénero

Desde a asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero, detectamos, no noso traballo diario con vítimas da violencia de xénero, que, malia aos avances producidos na asistencia e atención a éstas cando tentan sair da súa situación, ainda son moitas as eivas que existen e numerosos os aspectos susceptibles de mellorarse, algo do que, desde o noso colectivo, nos facemos eco constantemente e que, lamentablemente, reflicte, ademais, o imparable aumento da violencia machista.

Obviamente, nada disto poderá mellorarse sen a implicación das Institucións e Entidades que xogan un papel fundamental neste proceso.

Somos, por outra banda, conscientes de que hai numerosos aspectos da realidade destas mulleres, da súa loita por sair adiante, que ainda son grandes descoñecidos, polo que é unha incoherencia esixir solucións de algo que non se transmitiu previamente que existe, e que é imposible levar a cabo con éxito se non existe o diálogo entre todas as partes implicadas, baseándose tan so na teoría.

Por isto, en Si, hai saída pensamos que podería ser unha iniciativa moi positiva tentar reunirnos coas devanditas institucións e entidades, e, ademais de transmitirlles as necesidades das que, a súa vez, as mulleres que se achegan a solicitar a nosa axuda nos fan partícipes, levar a cabo unha posta en común, na que, entre todos, tentemos facerlles as vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos o mais doado posible ese duro camiño que teñen que percorrer cando tentan rachar co seu maltratador.

Esta iniciativa foi, afortunadamente, moi ben acollida, polo que a xuntanza terá lugar o vindeiro mércores, 20 de Marzo, as 17:00h., na Sala de Xuntas da Deputación Provincial, e nela participarán, entre outros, A Subdelegada do Goberno, Dña. Isabel Rodríguez, a Xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, Dña. Verónica Eiravella, o Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, D. J.Antonio Varela Agrelo, o Xuiz Titular do Xulgado de Violencia de Xénero, D. Sergio Orduña, a Maxistrada Xuiz do Xulgado no. 2 de Lugo, Dna. Sandra Piñeiro Vilas, o Decano do ICA, D. Félix Mondelo, o Comisario Provincial da Comisaría da P. Nacional, D. J.Ma.Esteban, o Capitán da G. Cívil, Comandancia de Lugo, D. Ignacio P. Recio, o Portavoz do Goberno da Deputación de Lugo,D. Álvaro Santos, representantes dos diferentes partidos políticos, etc.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com