En relación a noticia por medio da cal a Xunta de Galicia avala o peche do Punto de Encontro Familiar a primeira quincena do mes de Agosto, desde a asociación Si, hai saída gustaríanos deixar claras as seguintes cuestións:
Cremos que malia ser, seguramente, moitos os erros que cometemos, se algo nos define a Si, hai saída é a seriedade, máxime en todo o relacionado coa violencia de xénero, que tratamos con toda a rigorosidade que unha lacra de tal gravidade require. Cando falamos, facémolo con coñecemento de causa, non sendo unha excepción o que atinxe ao peche do Punto de Encontro a primeira quincena deste mes de Agosto.
En ningún momento cuestionamos a existencia dun decreto que avale o devandito peche, un decreto que, a vista está, non é acorde as circunstancias que todos coñecemos, ou deberíamos coñecer.
De todos é sabido que os conflictos que fan preciso o uso do Punto de Encontro, un uso, non esquezamos, que ven dado por unha resolución xudicial que detecta unha situación de risco, aumentan de xeito notable nos meses de verán por razóns obvias, como poden ser, por exemplo, desacordos en canto a distribución dos períodos vacacionais con cada proxenitor, como tamén é evidente o repunte da violencia de xénero nos meses estivales.
E, por tanto, de todo punto ilóxico que un servizo destinado, precisamente a tentar suavizar, na medida do posible, esos conflictos, e evitar que se produzcan situacións que poden derivar en fatais consecuencias, peche as súas portas precisamente nestas datas.
Como tamén é ilóxico que fique pechado durante todo o ano os Luns, os Martes e as tardes dos Xoves.
Tampouco ignoramos o dereito as vacacións do persoal, pero é de sentido común que se debería buscar unha alternativa que non supoña un risco para os usuarios, como tamén pregaríamos a Xunta de Galiza que considerase revisar ese decreto e adecualo as circunstancias, algo que entendemos urxente.
Dito esto, non podemos por menos que lamentar a falta de transparencia, por non dicir o xeito de faltar a verdade da asociación Dignidade, a tenor, eso sí, do exposto pola Xunta de Galicia, polas razóns que pasamos a expoñer:
Cando o pasado día 1 de Xullo desde a Asociación Si, hai saída emitimos un comunicado no que nos facíamos eco deste peche e pregábamos que se reconsiderase, o presidente da asociación Dignidade contactou telefónicamente con nos manifestando concordar totalmente coa nosa demanda, e atribuindo tal medida a un cambio na xestión do Punto de Encontro, asegurando que, no mes de Agosto, o seu colectivo xa non seguiría ao seu cargo, xa que, de ser así, non contemplarían o peche baixo ningún concepto. Dito doutro xeito, fixo recaer a responsabilidade na Xunta de Galicia.
É evidente que este señor, ademais de mentir, foi moi intelixente, xa que, obviamente, non quedou constancia desta conversa, como, supoñemos que, pola mesma razón, non respostou ao correo que lle fixemos chegar o Venres, 20 de Xullo, no que reiterábamos a nosa petición. Claramente, non lle interesa que quede constancia de nada por escrito.
Nada que ver, desde logo, co xeito de proceder de Si, hai saída, que, en todo momento actuamos de xeito transparente e facendo públicos os nosos argumentos, non con chamadas as agochadas.
É, así mesmo, incerto, que a asociación Dignidade se encargase, e citamos literalmente “de reorganizar todos los casos a través del acuerdo de todas las partes”, xa que a algunha nai se lle presentaron os feitos consumados, e mesmo se deu algún caso no que tiveron noticia do que ía acontecer por outras nais cando coincidían nas entregas dos nenos, porque ninguén llo comunicara, e elas mesmas se tiveron que encargar de preguntar para confrmalo.
Semella que algo tan sinxelo como dirixirse por escrito as persoas implicadas é algo que non contemplaron en ningún momento, como seria o lóxico.
En canto ao dato aportado por Si, haí saída no que manifestamos que mais de vinte mulleres quedarían nunha situación complicada esta primeira quincena de Agosto de novo nos reiteramos no que manifestamos no seu momento: Este dato non é inventado, senón contrastado coa Policía Nacional nunha das xuntanzas que celebramos con regularidade.
Non imos permitir, baixo ningún concepto, que se dé a entender que Si, hai saída minte.
Non pretendemos con isto, e queremos que quede moi claro, facer recaer a culpa na Xunta de Galicia, xa que entendemos que, como é lóxico, descoñece as particularidades de cada caso, polo que é comprensible que se fíe da información que lle transmite a asociación Dignidade, malia que cremos que debería ser contrastada.
Non é esta a única queixa que hai sobre o xeito de xestionar o Punto de Encontro, se ben para este colectivo é moi doado actuar coa liberdade que lles otorga o silencio de persoas que se atopan nunha situación de gran vulnerabilidade, que teñen dabondo coa súa tremenda problemática como para embarcarse en leas cos xestores deste servizo.
Por outra banda, aproveitamos a ocasión para lembrar que este xeito de actuar, dando a calada por resposta, debe ser o habitual da asociación Dignidade, xa que, o pasado inverno, cando desde Si, hai saída nos fixemos eco das lamentables e perigosas condicións de acceso ao Punto de Encontro, situado nunha contorna sen prácticamente alumeado, o responsable deste servizo, nun encontro puramente casúal na rúa, tamén nos deu a razón, solicitándonos unha xuntanza, a que, por suposto accedimos ademais de manifestarlle que podían contar co noso apoio e colaboración para todo aquelo no que considerasen que puidéramos servir de axuda, xuntanza que nunca chegou a celebrarse, como tampouco se volveu a dirixir a nos, nin siquera por unha sinxela cuestión de cortesía.
En definitiva, unha vez mais nos reiteramos no inadecuado deste peche, por máis que un decreto o avale, e por mais legal que este sexa, algo que non dubidamos, pero que non implica que sexa o apropiado, máxime cando estamos a vivir un aumento escalofriante dos casos de violencia de xénero e, porén, cantos recursos se empreguen para evitalos son poucos.
É lamentable que, malia estas tremendas circunstancias, semelle que ainda hai persoas ou colectivos aos que se lles encomende a seguridade de persoas en circunstancias de risco, que claramente ignoran a súa realidade.
Así as cousas, unha vez mais pregaríamos a Xunta de Galicia a revisión do devandito decreto, así como unha vixiancia máis de preto do funcionamento do Punto de Encontro.
Un Punto de Encontro non é unha consigna donde se entregan os nenos e punto. Cada neno, cada persoa, que se ve na necesidade de acudir a el, arrastra unha historia de moita dor. O mínimo que se pode esixir é un mínimo de empatía e de sensibilidade por parte das persoas ao seu cargo.
Non é unha empresa destinada tan só a facer caixa, ou non debería.
Igual sería bó que, desde a Xunta, de cando en vez, nos deran a oportunidade, ás persoas que tratamos día a día con esta realidade, de ser escoitadas.
E, xa para rematar, queremos deixar claro que a Si, hai saída lle da exactamente igual quen dirixa o Punto de Encontro. O que queremos e que, quen o faga, sexa quen de poñerse na pel de quen alí acude. Non é moito pedir.