Si, hai saída rexeita o trato dos medios de comunicación á presunta agresión machista sufrida por Valeria Quer

Desde a asociación Si, hai saída queremos manifestar o noso rotundo rexeitamento ao tratamento dado por algúns medios de comunicación a presunta agresión machista sufrida por Valeria Quer por parte da súa ex parella, que ela fixo pública a través dunha rede social.

Nesa rede, concretamente Instagram, Valeria Quer, ademais de acusar a súa ex parella de agredila física e psicolóxicamente, publicaba tamén as fotos coas lesións e feridas que, según ela, él lle inflixira, ao mesmo tempo que tamén o acusaba de adicción a droga, ao tempo que deixaba clara a súa intención de non denuncialo.

Foron moitos os medios que, de inmediato, se fixeron eco desta noticia e a reproduciron dun xeito que non ten xustificación algunha, banalizando algo tan grave como a violencia de xénero, e dándolle un tratamento como se dunha noticia da prensa do corazón se tratara, sen ter en conta a influencia que as manifestacións de Valeria poden ter noutras mulleres que estean a pasar pola mesma situación, mesmo inducíndoas a seguir o seu exemplo de non denunciar ao seu maltratador.

Non esquezamos, ademais, o gravísimo perxuizo que estas publicacións implican tamén para a propia Valeria Quer, que, obviamente, precisa axuda, e non ver a súa desgraza convertida en espectáculo, claramente fomentado por algúns medios, o que non fan se non agravar a súa situación.

En Si, hai saída entendemos que a publicación de noticias coma esta vulnera claramente os códigos deontolóxicos e os manuais de boas prácticas que indican como se deben tratar estes temas, ademais de supoñer unha gravísima falta de ética que contradí a responsabilidade xornalística de non ficar neutral diante de violencia de xénero.

Son moitas as mulleres que foron asasinadas por mor da violencia machista, como moitas son as que están a sufrila cada día, algo que non van a axudar a paliar o amarillismo e a falta da sensibilidade e a ética mais elementais de certos medios de comunicación, que non se decatan, ou non se queren decatar, en aras doutros intereses, da enorme influencia que, para ben ou para mal, teñen na sociedade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com