Significativo descenso de casos activos de covid19 na provincia nunha xornada de baixada extrema no número de positivos

A terceira vaga da Covid na provincia parece que xa está acabando, logo dunha xornada de descenso significativo dos casos activos e dos contaxios que deixan as cifras a niveis de primeiros de xaneiro, no día no que a meirande parte da provincia recupera certa normalidade.

En total, no informe do SERGAS con datos recompilados ata as 18.00 horas de onte recollense 631 infeccións activas, 71 menos que no día de onte. Este dato vén producido polo gran aumento de altas médicas e a importante baixada de positivos detectados. 

Nas últimas 24 horas, en Lugo, se detectaron tan só 9 positivos, 13 menos que no día anterior, ademáis 83 persoas recibiron a alta médica chegando a cifra de persoas curadas, dende que se iniciou a pandemia, a 10.824.

Sen dúbida boas novas que, hoxe, non se ven reflexadas na presión asistencial. Os hospitais da provincia continúan a contar con 27 pacientes en planta e 13 na UCI. 

Por último, no día de hoxe hai que lamentar un novo falecemento. Trátase dun home de 84 anos que finaba o mércores no Hospital Lucus Augusti.

Por concellos, na xornada na que comeza a desescalada, cambian os concellos que se atopan en cada nivel. Así, hoxe tan só 6 municipios atópanse cunha incidencia acumulada de entre 250 e 500 casos por cada 100 mil habitantes: Guntín, A Pontenova, Baralla, A Pobra de Brollón, Rábade e Sober. Pola súa banda, Monforte e Outeiro de Rei saen hoxe deste nivel II de restriccións para situarse no de maior alivio. 

Nestes momentos, só os concellos de Guitiriz e O Corgo continúan en con máis de 500 casos por cada 100 mil habitantes, polo que residentes nestas localidades terán que seguir respectando o peche perimetral e o da hostalería.  

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com