Significativo descenso nos casos activos de Covid-19 con 24 casos menos na área sanitaria de Lugo

Nas últimas 24 horas os casos activos na área sanitaria de Lugo diminuíron notablemente e pasaron de 98 a 74 casos segundo informou a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, na súa última actualización.

O número total de casos activos de coronavirus en Galicia é de 163, deles 39 son da área da Coruña, 74 da de Lugo, 4 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 27 da área de Vigo, 10 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 155 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.187 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 238.786.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com