Sigue descendendo a presión hospitalaria na área de Lugo

Continua o descenso de persoas ingresadas por Coronavirus  nos tres hospitais da área de Lugo, nas últimas vinte e catro horas quedaban ingresadas catro persoas, tres menos que onte. Os novos contaxios foron dezanove e ó número total de persoas que teñen a Covid-19 mantense en 208.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.517, deles 368 son da área da Coruña,  149 da de Ourense, 148 da de Pontevedra, 352 da área de Vigo, 182 da de Santiago e 110 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 16 están en UCI, 52 en unidades de hospitalización e 1.449 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 123.925 persoas curadas, rexistrándose 2.430 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.301.277. e oº número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.214.877.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com