Desinfeccion HULA

Siguen baixando os casos activos en Lugo

A Área de Lugo baixa de novo os casos de coronavirus e son, a día de hoxe, 238 as persoas infectadas por Covid-19, tres menos que no día de onte. Parece que, se facemos caso das indicacións da autoridades sanitarias, estaremos encarando o final do estado de alarma .

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da xunta informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.357, deles 800 son da área da Coruña, 238 da de Lugo, 673 da de Ourense, 208 da de Pontevedra, 791 da área de Vigo, 489 da de Santiago, e 158 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 45 permanecen en UCI, 278 están en unidades de hospitalización e 3.034 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 5.816 persoas curadas, rexistrándose 555 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 98.830

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com