Sindicatos preparan mobilizacións para “desbloquear” as negociacións do convenio da limpeza

Os sindicatos Comisións Obreiras, CIG e UGT realizarán este venres unha asamblea para abordar un calendario de mobilizacións do sector da limpeza de cara a desbloquear as negociacións do convenio colectivo na provincia de Lugo.

As centrais sindicais denuncian que a patronal “continua a manter un posicionamento de bloqueo” ao presentar unhas propostas económicas inasumibles pra a parte social. Así para o ano 2015 ofrecen, segundo os sindicatos unha suba salarial do 0%, para o ano 2016 do 0,40% (o que serían 2,70€/mes) e para 2017 o 0,60% (5,70€/mes).

Hoxe os tres sindicatos realizaron unha concentración na sede da Confederación de Empresarios de Lugo previa á celebración da xuntanza da Mesa de Negociación do Convenio na que foi comunicada esta proposta.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com