So 7 novos positivos xunto coa alta a 44 pacientes covid, deixa as cfras totais de casos activos en 401 persoas,

Continúa o descenso de casos Covid na provincia de Lugo que xa se atopa a cifras semellantes ás do mes de agosto, con 401 infeccións activas nestes intres. Ademáis das 44 altas médicas recibidas na última xornada, o SERGAS tan só certificou ata as 6 da tarde de onte 7 novos contaxios, a metade que no día anterior. 

O balance publicado esta mañá polo SERGAS tan só deixa un dato negativo logo de non rexistrarse ningún novo falecemento na provincia. E é que, un novo paciente ingresou onte na UCI do HULA, a única da provincia con casos COVID, e que conta cun total de 6 camas ocupadas por coronavirus. En canto á hospitalización en planta, entre todos os centros da provincia suman un total de 17 ingresados con infección activa de covid, repartidos en 12 persoas no HULA, 3 no Hospital da Coste e dous no de Monforte.

Doutra banda, hai que lamentar o falecemento, en Santiago de Compostela, dunha muller con patoloxías previas, a pesares de que o SERGAS non a contabiliza na nosa provincia, o certo é que a muller, de 84 anos falecía no CHUS, era usuaria da Residencia , Asilo de Vilalba.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com