O Concello de Sober e a Xunta iniciaron xa os trámites para declarar a ribeira de Doade como zona catastrófica, logo de que as treboadas rexistradas o pasado luns estragasen unhas 60 hectáreas de viñedos, o que supón uns 400.000 quilos de uva. Os viticultores e adegueiros da zona estiman que as perdas ocasionadas polo pedrazo poden acadar o medio millón de euros e que tamén se verá afectada enormemente a produción do ano que vén.
Ao longo do día de hoxe desprazábanse á zona afectada tecnicos da consellería do Medio Rural para avaliar os danos e cuantificar as perdas. Onte a conselleira do ramo, Ángeles Vázquez, acudía á ribeira de Doade onde prometía axudas para que os viticultores e adegueiros da zona poidan mitigar as perdas económicas ocasionadas tralo sucedido
As fortes treboadas levaron por diante ademais camiños, muros e outras infraestruturas relacionadas co cultivo das vides que terán que ser reparadas.