Socialistas en Láncara: Con Besteiro na Xunta de Galicia “devolveremos a calidade á sanidade pública con máis investimentos e máis persoal”

Socialistas da provincia de Lugo concentráronse diante do centro de saúde  de A Pobra de San Xiao en Láncara, para denunciar ”denunciar a mala xestión do Goberno do PP que nestes últimos 15 anos converteu a sanidade pública nun mal endémico que sofren nos seus ambulatorios cada día os veciños e veciñas da meirande parte dos concellos da provincia de Lugo, por falta de médicos, exceso de carga de traballo e malas condicións laborais”.

“Estamos a vivir a maior crise da sanidade pública nas dúas últimas décadas, con listas de agarda quilométricas, nenos que non teñen pediatra, centros de saúde pechados ou atendendo segundo o día da semana, e a falta de profesionais polas precarias condicións laborais. Non se pode xogar así coa saúde dos nosos veciños e veciñas, e denunciámolo aquí en Láncara porque é o vivo exemplo de que imos camiño de perder a atención asistencial cada vez máis precaria e desatendida”. Lembraron que  “hai 14 concellos, con 33.000 veciños, con risco de perder aos seus médicos por xubilación en Sober, Pantón, O Páramo, Guitiriz, Castro de Rei, Samos, Monterroso, Pedrafita, As Nogais, O Incio, Antas de Ulla, Begonte y Portomarín”.

Fronte a isto, “vimos a ofrecer esperanzas, porque cun Goberno progresista liderado por Besteiro reverteremos estas cifras “rescatando a sanidade pública, máis en concreto a atención primaria, fixando un límite de 48 horas para fortalecer o sistema sanitario e poñer fin a incerteza de moitos enfermos, e ofrecendo as mesmas garantías aos cidadáns con independencia de que vivan nas grandes cidades ou no rural”. Asemade denuncian que o PP no rural ”non se pode dicir que están investindo no rural, que queren favorecelo se despois as medidas que toman son as de recortar en todos os servizos públicos fundamentais coma a sanidade, educación ou no transporte”.

Para rematar subliñaron que “o 18 de febreiro a xente ten nas súas mans dúas posibilidades, elixir entre seguir como estamos coas políticas de recortes ou pola contra apostar polo cambio, e devolver aos concellos rurais a calidade na sanidade, na educación, no transporte e nos servizos sociais”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com