Os montes veciñais en mán común actualmente figuran na cartografia catastral divididos en un sin fín de recintos e parcelas como se fosen montes de propietarios particulares. A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMMSsinala que “a titularidade dun monte veciñal correspondelle a unha soa comunidade de montes. Por iso, indican, carece de sentido que se traten catastralmente os montes veciñais como se fosen recintos ou parcelas de diversos propietarios”.
Ademais denuncian desde a organización que” a excesiva parcelación que padecen os montes veciñais en mán común débese a que a cartografía catrastral foi realizada en base a elementos non axustados a realidade dos montes veciñais. Definironse as distintas parcelas en base a pistas forestais, camiños, carreiros, valados, resto de valados etc”.
Denuncian que esta inadecuada cartografía catrastral “dificulta, cando non impide, ás comunidades de montes o desenvolvemento das actividades propias. Así vese moitas veces comprometida a elaboración de planos de xestión e de ordenación, a soliciutude de subvención ou axudas , a constitución de dereitos de superficie e a formalización de contratos de permutas, licenzas para plantacions ou permisos de corta de madeira”.
Sinalan que o maior despropósito sucede no caso dos permisos para a corta de madeira. Estas se realizan por cantóns definidos pola homoxenidade das masas fortais e a veces un cantón pode chegar a ter até dez referencias catastrais distintas. Subliñan.