Solidariedade Galega co Pobo Saharaui explica mañá en Lugo os seus proxectos e a situación dos saharauis

A organización Sociedade Galega co Pobo Saharaui explicará mañá en Lugo nunha charla coloquio os diferentes proxectos que desenvolve e a situación na que se atopa a día de hoxe o pobo saharaui. A activista Hannssanna Aalia ofrecerá a conferencia, que terá lugar ás 19:30 horas, no centro social Uxío Novoneyra. A actividade forma parte dun programa de varias charlas, que se levarán a cabo por toda Galicia dende hoxe e ata o vindeiro domingo.

Ademais doutros temas, abordarase a situación política nos territorios ocupados do Sahara Occidental, a situación humanitaria dos campamentos de refuxiados saharauis, a convocatoria dunha manifestación o próximo 14 de novembro en Madrid ou o programa Vacacións en Paz, co que o Concello de Lugo colabora con 7.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com