A Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, informou hoxe que a candidatura dos socialistas para as próximas eleccións municipais incorpora unha cara nova, Sonia Gavino Reigosa. “Trátase dunha rapaza nova que aporta aire fresco e renovación ao partido e un exemplo da xuventude e do futuro da agrupación socialista”.
A rexedora socialista explicou que “esta Educadora Social e Técnico en Actividades Deportivas, natural da parroquia de San Adriano, é unha persoa moi coñecida na vila posto que colaborou en varias ocasións na organización das festas municipais. Próxima á xuventude, é unha muller seria e responsable, cunha gran capacidade de traballo e que estou convencida que nos vai aportar moita forza para volver a gañar a alcaldía de Lourenzá”.
Sonia Gavino destacou que afronta con moitas ganas e ilusión esta nova etapa, “co compromiso de traballar para os meus veciños, engadindo novas ideas ao proxecto social da Alcaldesa e desenvolver iniciativas que redunden na mellora da calidade de vida da cidadanía”.
Abr 17, 2019 - 10:23 PM
Lorenzana?????
Abr 17, 2019 - 10:30 PM
Pois temos que recoñecer que non nos gusta usar o nome en castelán, se nos sigues un pouco verás que todo o noso xornal está en galego; pero para etiquetar ao Concello no Facebook é a única opción que nos admite a páxina, supoñemos que porque así o puxo o Concello no seu momento… Vai ti saber! De todas formas, se entras na nosa web, verás que usamos sempre Lourenzá. 😉 Grazas por lernos
Abr 17, 2019 - 10:35 PM
Xa sei que non é cousa vosa pero non deixa de abraiarme
Abr 17, 2019 - 11:16 PM
lorenzana manca á vista