Sonsoles López perde o número 2 da lista do PSOE para o Congreso

A socialista Sonsoles López Izquierdo cae do número 2 da lista que o PSOE postulará para o Congreso pola provincia. Así o ratificou onte a Comisión Federal de Listas que baixou ata o terceiro posto. Nun comunicado, o PSdeG informou de que a decisión foi tomada a petición da dirección provincial do partido que solicitou ubicar no lugar que ocupaba López Izquierdo ao ex candidato á alcaldía do Corgo, Javier Cerqueiro.

Este é o único cambio que o Comité Federal de Listas do PSOE presentou en Galicia. Así, por Lugo, concurrirán ao Congreso, neste orden, Ana Prieto (1), Javier Cerqueiro (2), Sonsoles López (3), e Daniel Castro (4). Mentres que a candidatura ao Senado continúa con César Mogo (1), Pilar García Porto (2) e José Luis Raposo (3).

Neste senso, o presidente da Deputación, José Tomé, asegurou esta mañá que este cambio “non é un castigo” senón que foi unha “decisión do órgano competente para este tipo de cousas, que é a Comisión Federal de Listas, que decidiu mover un pouquiño a lista”.

Tomé non entrou a valorar esta situación e lembrou que non é un caso único, pois a nivel estatal retocaron máis listas. “É unha competencia dos órganos federais do partido e, polo tanto, nós o que facemos é respectar esa decisión”, concluiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com