Os feitos ocorreron sobre a 1:45 horas da pasada madrugada cando unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo observa que un café-bar, situado na rúa Concello, está aberto con clientes consumindo tanto no seu interior como no exterior. Como queira que os establecementos de hostalería e restauración deberán pechar non máis tarde da 1:00 da madrugada, sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente desde as 0:00 horas, a patrulla policial realiza unha inspección no local detectando que varios clientes atópanse fumando e que outros non facían uso da máscara de protección.
Por tal motivo levántanse actas por infracción á normativa da Consellería sobre medidas de prevención como consecuencia do COVID-19, denunciando ao propietario do establecemento por acharse aberto e con clientes no interior, fóra do horario establecido, e por permitir fumar no interior do café-bar, observando os axentes varias cabichas no chan, abundante fume e un forte cheiro a tabaco.
Así mesmo un cliente ao manifestar aos axentes que non pode poñer a máscara porque a “perdeu”, é denunciado por infracción á Lei de Saúde de Galicia. O local foi desaloxado polos axentes, procedendo ao seu peche.
Set 22, 2020 - 12:59 PM
Una multa y bien gorda, unos cumpliendo las normas y otros pasandoselas x el forro.