Suba de positivos e aumento da presión asistencial nun día sen cambios nos casos activos

Lixeiro aumento dos contaxios na última xornada e da presión asistencial nunha xornada de estabilidade en canto ao número de casos activos que continúa sen cambios, en 204 persoas.

Así se desvela no último informe do SERGAS con datos recompilados ata as 6 da tarde de onte, e que contabilizan en 13 os positivos detectados, 5 máis que os localizados na xornada anterior, probablemente debido a un gromo na capital e que xa suma unha trintena de persoas. 

Tamén aumenta levemente a presión asistencial que hoxe suma dous ingresos nas  plantas de hospitalización do HULA e do Hospital de Monforte mentres que o da Mariña resta un paciente covid. Así, en total son 12 os ingresados en unidades convencionais, 6 no hula, 2 no Hospital da Mariña e 4 en Monforte. E UCI continúan 4 pacientes covid, todos eles no HULA.

No tocante ás altas médicas, dende o comezo da pandemia rexistráronse 11965 persoas curadas, 14 delas nas últimas horas. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com