A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, o Presidente da Asociación Cultural Xaquedrum, Pablo Castro, presenciaron este martes na Praza Maior a partida simultánea que disputou a Subcampioa de Europa de xadrez, Sabrina Vega, dentro da actividade de Xadrez en Igualdade, enmarcada nos actos conmemorativos do XX Aniversario da Escola Lucense de Xadrez.
Neste acto, tamén estiveron presentes o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez.