O subdelegado do Goberno defende a Constitución do 78

O subdelegado do Goberno enxalzou no seu discurso o papel da Constitución de 1978 como garante dos dereitos e liberdades dos cidadáns. Lembrou que a aprobación en referendo da Carta Magna supuxo o inicio da convivencia democrática no noso país, “un triunfo colectivo ao que non podemos nin debemos renunciar”.

 Ramón Carballo non obviou que nestas preto de catro décadas de vixencia do texto constitucional xurdiron novos desafíos na nosa realidade social, principalmente “a expansión do terrorismo, o auxe de ideoloxías totalitarias ou os embites de quen menospreza o pacto de consenso que no seu día acadamos os españois”. Fronte ao recente ataque á Carta Magna, “o maior vivido na súa historia, o representante do Goberno amosouse partidario de ver as particularidades dos territorios como un elemento de riqueza e non de confrontación, e defendeu que “a Constitución debe prevalecer sobre calquera quebra da convivencia en democracia, que foi, é, e será a base da nosa vida en liberdade e fundamento do noso progreso”. “Nada hai de heroico na desobediencia e o desprezo ao noso pacto de convivencia e ás leis”, insistiu.

 Carballo dixo que “a Constitución do 78 foi redactada sobre o consenso e o acordo das forzas políticas, polo que reivindicou o labor dos pais da Constitución, “homes de Estado que souberon aparcar as súas diferenzas polo ben de España”. Fixo un chamamento á responsabilidade de todos para que “o debate que se estableza sexa profundo e sosegado”, “Debemos e deben ter todos presente que reformar ou modificar non implica a ruptura da nosa Norma Fundamental. Tampouco ten que supor “satisfacer a quen quixo destruíla, como tampouco calar aos que pensan que, polo simple feito de ter corenta anos, é xa como unha prenda que pasou de moda”.

 O subdelegado do Goberno recoñeceu e agradeceu o traballo dos membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, sen esquecer as extraordinaria situación que viviron nas últimas semanas. “Unha sociedade democrática e avanzada como a que propugna a Constitución non pode avanzar sen uns corpos policiais que realicen unha labor discreta e eficaz na defensa do Estado de Dereito”, asegurou.

 Para pechar a súa intervención, Ramón Carballo animou a encarar “xuntos o futuro, perseverando na lealdade aos valores constitucionais”. “Contamos cunha tradición democrática consolidada e temos a misión de coidar o prezado legado dos valores e actitudes que constitúen a esencia do espirito constitucional”, rematou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com