Volve subir a cifra de infectados por Coronavirus na Área sanitaria de Lugo. Se onte eran 223 os casos rexistrados, hoxe a cifra avanza ata os 228, cinco máis que onte. Tamén sufre a cifra de novos contaxios de oito a quince.
A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.023, deles 703 son da área da Coruña, 228 da de Lugo, 257 da de Ourense, 481 da de Pontevedra, 856 da área de Vigo, 407 da de Santiago e 91 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 149 en unidades de hospitalización e 2.831 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 118.149 persoas curadas, rexistrándose 2.393 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.107.521.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.379.282.