“A Lei reguladora do xogo aprobada polo Partido Popular en Galicia segue a favorecer a implantación de casas de apostas preto dos colexios onde estudan as nenas e nenos de Lugo” segundo sinala o cabeza de lista ao Congreso por Lugo, Jose Antonio Rodríguez Añon, “dende SUMAR GALICIA consideramos que a distancia mínima de 300 m esixida con esta nova Lei para a implantación de novas casas de apostas dos Centros Educativos, non deixa de ser un parche á medida para este sector, amosando un descoñecemento total e absoluto da realidade das nosas vilas”.
Rodriguez Añon engade que “é unha irresponsabilidade mais por parte do Goberno do Partido Popular, é unha burla cara a Comunidade Educativa e ás familias. Ademais esta nova Lei non corrixe a situación actual das casas de apostas xa implantadas e que están a ter un efecto moi negativo sobre as nosas fillas e fillos”.