Unha semana despois de iniciar unha recollida de firmas para apoiar a declaración do Concello de Lugo como novo municipio “libre de corridas de touros” a Asociación Animalista Libera logrou cultivar máis de 8300 rúbricas na plataforma de activismo dixital Change.org e esperan seguir sumando apoios nos próximos días.
Os animalistas explicaron que as campañas populares son a base do funcionamento do colectivo, pois permiten outorgar un maior soporte cidadán ás formulacións como a moción no pleno lucense. Nos últimos anos a asociación reuniu máis de 700.000 firmas en diferentes peticións, obtendo vitorias como a reforma da Lei de Protección Animal de Galicia ou reclamando o veto dos espectáculos con animais noutros municipios galegos.
Neste senso, os defensores dos animais “botan contas” e esperan que “a única oposición á hipotética moción, que podería presentarse no próximo pleno do mes de Outubro, fóra a do Partido Popular”, aínda que a organización animalista tamén dirixiu a súa petición ao grupo popular ao entender “que poden romper coa vella dinámica de apoio ao lobby taurino e poñerse ao lado da cidadanía e do respecto polos animais”.
A petición lembra que cada vez máis localidades galegas aproban mocións para rexeitar os malos tratos animais en espectáculos e desde a Asociación Animalista Libera poñen en valor tamén a iniciativa aprobada recentemente na Deputación da Coruña en contra das subvencións que reciben as corridas de touros, e que foi un feito histórico, ao ser a primeira administración provincial de España en apoiar o fin dos subsidios ao armazón taurino.
No horizonte sitúase unha Iniciativa Lexislativa Popular similar á que levou a cabo en Cataluña e que finalizou coa abolición da tauromaquia na comunidade. Animalistas e abolicionistas ven cada vez máis factible esta ferramenta democrática.
Set 26, 2015 - 05:57 PM
Estoy decidida a apoyarlos con firma en proyectos sobre protección a los animales y al medio ambiente
EL MUNDO ES DE TODOS ! Y debemos asegurarnos que así siga siendo.
Set 26, 2015 - 03:51 PM
Odio esa violencia