A Sociedade Urbanística Provincial de Lugo (Suplusa) vén de dar un paso máis na construcción do Polígono de Cospeito, ao rematar a expropiación de 87 fincas da área industrial por un importe de 190.564 euros e un total de 104,559 metros cadrados de terreo.
Con este proceso finalizado, na vindeira reunión do Consello de Administración da Sociedade, debatirán a aprobación do proxecto de construcción. Esta é unha das funcións que lle foron encomendadas a Suplusa no seu momento no marco do impulso aos polígonos da provincia.