Suplusa ingresa ao mes máis de 10.000 euros dos pagos fraccionados de parcelas vendidas

Manuel Martínez, como presidente de Suplusa, informou este mediodía que a Sociedade Urbanística está a recibir cada día máis peticións de información de persoas interesadas na comprar de parcelas nos polígonos industriais que ten Suplusa. Con esto, Martínez adiantou ademáis que a Sociedade está a ingresar máis de 10.000 euros mensuais de parcelas xa vendidas e que teñen o pago fracionado.
Nos últimos días, a Sociedade vendeu unha parcela no polígono de Begonte por un importe de máis de 100.000 euros, o que, segundo Martínez, indica indica o empuxe empresarial que está xurdido na provincia. A venda de chan industrial promovido pola Sociedade Urbanística Provincial de Lugo sufriu un importante repunte nos últimos meses. A Sociedade recibiu numerosas peticións de información sobre as características físicas e urbanísticas así como as condicións de venda de varias parcelas de distintos polígonos.
De feito, segundo informa a propia sociedade, nos últimos meses vendéronse tres parcelas que suman un total de 10.490 m2, na Área Industrial de Carral, en Begonte, e dúas parcela en Friol que suman unha superficie de 3.400 m2. Trátase tanto de compradores que van implantar as súas actividades nestas Áreas Industriais ou de empresarios que amplían unha actividade existente no polígono.
Doutra banda, tras a solicitude do Alcalde de Cospeito da necesidade, expresada polos empresarios da zona, de dispoñer de chan industrial e en execución do Convenio de Colaboración entre este Concello, a Deputación Provincial e a propia Sociedade, iniciáronse os trámites para a adquisición da terreos da área Industrial de Feira do Monte. O Consello de Administración tomou o acordo de construír esta Área Industrial á vista das peticións de solo garantidas coa prestación dun aval de 1€/ m2.
Nestes momentos o chan reservado por trece solicitantes, suma unha superficie de 22.111,00 m2. Por último, unha plataforma loxística de ámbito nacional mostrou interese pola adquisición da área Industrial de Baralla, situada en Vilartelin, para a instalación das súas actividades. Inicialmente a Sociedade previra desenvolver unha superficie de chan bruto de 121.477 m2, sendo o total da actuación de 306.085 m2.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com