O Consello da Xunta vén de acordar na reunión realizada esta mañá a suspensión das clases nos centros educativos galegos a partir do vindeiro luns, 16 de marzo, para os vindeiros 14 días pola incidencia do coronavirus.
Neste senso, a Xunta recomenda non enviar aos nenos á escola no día de mañá “se é posible”. Estas medidas tamén se recomendan para centros universitarios e de formación profesional.
Asemade, segundo informou o propio Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, decretouse o peche de todos os centros comunitarios de maiores dende este venres. O Consello da Xunta tamén acordou medidas para o funcionariado cun protocolo que recolle a promoción do teletraballo, flexibilidade horario e a reorganización de turnos.
Doutra banda, a Xunta tamén limita as aglomeracións en espazos pechados a un máximo de 50 persoas ou, de ter aforos máis amplos, a un terzo do mesmo. Esto último podería afectar aos concertos programados pola Sala Tebras que seguían en pé, como o de Ilegales que, nun principio, aseguraban que seguía previsto para mañá, venres. Dende a propia sala aseguran que, aínda que se podería celebrar, por precaución, poderían adiar o espectáculo.
Mar 12, 2020 - 05:25 PM
La Xunta de Galicia está actuando muy bien a mi modo de ver. Lo está haciendo rápido y con medidas y… https://t.co/EuBld203W3