O concerto do compositor galego Vicaíno que tiña lugar hoxe á tardiña na praza de Campo Castelo, quedará aplazado a causa das inclemencias meteorolóxicas.
A actuación do artista enmárcase dentro do Ciclo Lugo Ágora Son, unha nova aposta musical da Deputación de Lugo na que colabora co Grupo Ditramotor, e a través da que achegan á cidade catro concertos. O pasado día 19 de maio tivo lugar o do grupo lucense Carta de Ajuste, composto por David Taboada e Salfu Valdés e no que repasaron a música dos 80 e 90.
Para o mes de xuño quedan os concertos de Los Álcantara, o día 2 na praza da Soidade onde repasarán a historia da música española e o vindeiro día 9 de xuño, ás 22:30 horas, na Praza de San Marcos, para clausurar o Lugo Ágora Son, actuará a artista galega Mercedes Peón. Música autodidacta, compositora, vocalista e produtora da súa propia obra, ten editado catro discos de extenso recoñecemento internacional. É creadora de espazos sonoros para danza e documentais.
O músico do Incio, Vizcaíno, presentaba esta noite o seu novo disco ‘Diáspora’, un compendio de música Pop-Rock de autor, o concerto quedará relegado para unha nova data, aínda descoñecida.