O Concello de Lugo informa de que queda suspendido o mercado de Frigsa deste venres, 3 de febreiro, debido a que se manteñen pechados ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro.
A entidade local adopta esta medida de prevención para “garantir a seguridade cidadá”, ante a alerta laranxa decretada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior debido aos fortes ventos previstos para estes días, que poderán superar os 110 quilómetros por hora.