O primeiro pleno telemático do Concello de Lugo, non puido celebrarse por problemas de conexión a internet. Para hoxe ás cinco da tarde estaba previsto un pleno extraordinario para aprobar o orzamento do Plan Reanima, pero por numerosos problemas técnicos non se deu pasado do primeiro punto e quedou adiado para o vindeiro luns, tamén, ás cinco da tarde, se a tecnoloxía o permite. A oposición criticou ao Goberno Municipal de Lugo por considerar que os cinco millóns de euros van ser insuficientes dada a envergadura da crise e xa solicitou que se amplíe esa cantidade.
