A empresa lucense TasteLab, especializada na tecnoloxía de análise sensorial, xunto coa Sociedade Micolóxica Lucus, ofrecerán un pioneiro curso que outorgará aos participantes as técnicas precisas para unha correcta interpretación, dende o punto de vista científico, dos cheiros, sabores e texturas dos cogumelos, como ferramenta para unha axeitada identificación dos mesmos.
