A asociación Si, hai saída, ten programado para mañá, día 9 de febreiro, a proxección do filme ‘Techo y comida; ¿y a ti quién te rescata?’, unha obra de Juan Miguel del Castillo que conta a historia de, Rocío, unha muller nova, en paro e mai soltera que malvive agobiada polas débedas e a desesperación de non levantar cabeza.
Precisamente, o tema da película, será a clave para a charla-coloquio que arrancará tras a visualización do filme. Os relatores serán Marta Rodríguez Engroba, presidenta da asociación Si, hai saída; Jorge Lorenzo Neira Rodríguez, avogado e o mestre Santiago Fernández Rocha. Ademáis, estarán presentes e dinamizarán o coloquio a dúas representantes da Plataforma STOP Desafiuzamentos da cidade, Mina Galván e Mary Rosy Espinel.
O acto será este venres, día 9 ás 17.00 horas no centro de convivencia Maruja Mallo.