O lume continúa a extinguirse no Polígono do Ceao no que seguen os traballos de arrefriamento da zona no día no que chegan os primeiros informes dos técnicos do servizo de arquitectura do Concello. Os expertos municipais concluiron tras un primeiro análise das naves máis afectadas qeu tres delas deberán ser derribadas polos graves danos estructurais. Trátase do almacén da empresa Castro Parga, onde se cre que puido comezar o lume, así como as de Recambios Fraín nas que gardaban os neumáticos. Pola contra, conservan a súa estructura a nave de Recambios ao Volante así como o resto de naves afectadas que poderán ser reacondicionadas. Todo iso á espera de novos informes técnicos.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.