Terceiro día consecutivo de estabilidade no que a infeccións activas de covid se refire, malia un lixeiro aumento do ritmo de contaxios e da presión asistencial no Hula que hoxe suma un paciente novo. Así o informou o SERGAS que tamén avanzou que o gromo detectado en varios municipios da costa está estabilizado pero na capital, varios novos casos comezan a ser “preocupantes”.
No último informe do SERGAS con datos recabados ata as 6 da tarde de onte, volven cifrar en 208 os casos activos, igual que antonte e o luns, mentres que os novos positivos detectados por PCR que levaban tres xornadas de estabilidade en 7 casos novos diarios, hoxe sobe ata os 11. Non moi preocupante a suba, habitual a finais de semana, e moito menos se temos en conta que as altas médicas na xornada de onte tamén ascenderon ata as 12.
Ademáis, subiu tamén a presión asistencial, eso si, moi levemente. E é que o HULA rexistrou un ingreso na planta de enfermidades infecciosas. Así, mentres na UCI do Lucus Augusti rexístranse 2 casos, en planta esta situación sobre ata os 3. Nos outros dous hospitais comarcais, na Costa e en Monforte, continúan a rexistrar un só paciente covid cada un, ambos ingresados en unidades convencionais.
Evolución dos gromos
E todo iso, o día no que o SERGAS confirmou que o gromo rexistrado semanas atrás na Mariña, está completamente estabilizado. Unha boa nova que, sen embargo, os expertos non trasladan á cidade de Lugo onde, segundo explicou o xerente da área sanitaria, Ramón Ares, é preocupante a aparición de varios positivos vinculados a reunións familiares.
Vacinación e repesca
Con todo, e malia que chaman á precaución, en especial, entre a xente máis nova debido a que aínda non están vacinados, o SERGAS avanzou xa que máis do 55% da poboación da provincia xa recibiu a lo menos unha dose dalgunha das vacinas; e o 36% contan xa coa pauta completa.
Asemade, o SERGAS xa confirmou que, cada semana realizará unha repesca a 20.000 galegos que perderan a súa cita para recibir a vacina contra a covid por ter mal o número de teléfono ou por motivos laborais. Segundo confirmou onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, esta actuación comezará xa mesmo o que servirá tamén para avanzar na vacinación e cubrir ocos libres ante a previsión do Executivo de que a asistencia dos máis xóvenes baixe con respecto a idades máis avanzadas.
Alivio de restricións
En canto ás novas limitacións que entrarán en vigor este sábado, 12 de xuño, o Excutivo deu luz verde ás reunións entre non conviventes a partires da 1 da mañá, ata agora prohibidas. Do mesmo xeito, non haberá límites nas agrupacións de persoas en vivendas ou espazos públicos, aínda que si na hostalería.
Así, en bares e restaurantes, nos interiores non se poderán xuntar máis de seis persoas por mesa que suben a quince se se trata das terrazas. Asemade, este fin de semana comezarán as probas de apertura do ocio nocturno.