A TIC emitirá por o seu Facebook Life o Campionato de Baristas de Foz

A Fundación TIC contribuirá á difusión do X Campionato Internacional de Baristas de Foz, que terá lugar do 15 ao 17 de febreiro. Alumnos de 2º de Realización da Escola de Imaxe e Son, EIS, encargaranse do streaming o do X Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalaría, que emitirá a través do seu canal de Facebook Life. Ademais, un equipo da TIC dará sinal a dúas pantallas de plasma para seguir in situ o resto dos certames, o V Campionato Internacional de Baristas Profesionais e o de Catas de Café. Hai unha década ca TIC colabora coa organización do certame, por mor do convenio que ten asinado co IES de Foz

Tres días de demostracións

As demostracións abriranse o mércores, 15 de febreiro ás 17:00 horas coa final do X Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, ao que seguirá o V Campionato Internacional de Cata de Cafés. Ás 20:00 horas terá lugar a entrega de trofeos do certame de cata, e ás 20:30 horas unha demostración de Tiraxe de Cervexa. O xoves, día 16, ás 9:30 horas comeza a última fase da final do Campionato de Baristas de Escolas de Hostalaría. Ás 13:30 horas fará unha demostración o Campión de España en Latte Art, Héctor Hernández, e ás 14:00 horas será a entrega de premios.

O último día, o venres 17 estará adicado ao V Campionato Internacional de Baristas que se desenvolverá a partir das 9:00 horas, para concluír coa entrega de trofeos ás 14:30 horas.

Nesta edición participarán 14 Escolas de Hostalaría de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Castela León, e 12 profesionais de prestixio no sector.

Prácticas  profesionais

A colaboración da TIC é unha práctica do módulo de Realización de Televisión da EIS e nela 15 alumnos de 2º curso, co apoio de docentes, realizarán, gravarán e emitirán en directo as demostracións do Campionato. Co material que se obteña, os estudantes editarán un vídeo, que se entregará aos responsables do IES de Foz. Os alumnos da EIS empregarán catro cámaras autónomas, un control móbil, e o equipamento preciso para o streaming. Cada estudante rotará por todos os postos, dende realización, son  ou operador de cámara,  e estarán pendentes de todo o equipo necesario para o directo.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com