A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil anunciou hoxe en Taboada que se chegan ao goberno porán en marcha “o Ticket Rural, unha axuda de 15.000€ para os proxectos que se asenten no medio rural”. E engaxdiu que o BNG incidirá na “recuperación da autoestima de pertenza ao rural e da actividade agrogandeira como fornecedor de alimentos e de defensa da natureza, medio ambiente, biodiversidade animal e vexetal, e garantes do territorio e da paisaxe, ademais de traballar na captación e motivación de vocacións agrarias , co fin de garantir a supervivencia do tecido produtivo agrario profesional no noso futuro a curto e medio prazo”.
Rodil subliñou “desde o BNG somos conscientes de que para garantir a fixación de poboación nos concellos do rural é preciso manter servizos esenciais como a sanidade, a educación, ou facilitar a conciliación.