A Tinería colle as riendas da súa mesa de traballo

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Empresarios da Tinería, continuando coa súa labor de defensa e protección dos intereses do barrio, convocou para o vindeiro 13 de novembro de 2017 nas instalacións da Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC) ás 17:30 horas, o que será a primeira reunión dunha mesa de traballo organizada polos propios veciños e comerciantes para revitalizar a zona.

A esta mesa, a asocación convocou a esta primeira reunión a todos os grupos municipais do concello de Lugo, á alcaldesa, Lara Méndez, ao subdelegado do goberno e ao delegado da Xunta de Galicia.

O obxectivo é acadar unha posta en común dos diferentes problemas existentes no barrio, a elaboración dun borrador calendarizado de traballo e a mecánica de funcionamento da mesa. A Asociación defende que este barrio pola súa situación estratégica “é vital como locomotora do centro da cidade amurallada, non só por ser un atractivo turístico, senón como elemento diferenciador a nivel provincial e rexional”. Estes veciños define a Tinería como un entorno único con gran carácter e singularidade e que é punto de encontro dos tres patrimonios da humanidade.

Por outra banda, despois de gabar as características deste barrio, a asociación denuncia que este emprazamento se atopa en situación de abandono tanto a nivel urbanístico como social ou económico e aseguran que “chegou o momento no que teñen que primar os feitos por riba das palabras”, e por este motivo, ao largos destes días, a xunta directiva da asociación concertará unha reunión individual con cada un dos invitados para elaborar unha orde do día consensuada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com