Todo listo no Vicedo para a cuarta edición da Romaxe Viquinga

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na presentación da cuarta edición da Romaxe Viquinga que organiza o concello do Vicedo na praia de San Román os días 26 e 27 de xullo.

En presencia do alcalde, Jesús Novo, entre outras autoridades, Balseiro gabou o esforzo de difusión que fan os organizadores e reiterou o apoio da Xunta na promoción desta festa así como “en calquera iniciativa que redunde no desenvolvemento turístico do concello”. Neste sentido, engadiu que a romaxe está axudando a que o municipio “despunte como destino turístico nos últimos anos”, xunto a fenómenos como a ruta de sendeirismo do Fuciño do Porco.

O Goberno galego destinará este ano 31.400 euros para crear no municipio unha cuberta para aparcamento de bicicletas e área de descanso. No pasado exercicio investiu unha contía similar nun proxecto de mellora da accesibilidade e sinalización cultural e medioambiental. Ambas iniciativas foron impulsadas en colaboración co concello, achegando a Xunta o 65% do investimento subvencionable.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Lucia Barcelos
    Mai 31, 2019 - 11:22 PM

    Viqui….qué…

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com