Tomé participa na reunión constitutiva da Comisión de Deputacións da FEMP

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, participou este martes na sede da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), en Madrid, na reunión constitutiva da comisión de Deputacións Provinciais, Cabildos e Consellos Insulares, da que forma parte. Dar maior visibilidade aos gobernos locais intermedios e gañar papel na Estratexia Nacional de loita contra o despoboamento serán as liñas de acción centrais neste mandato 2019-2023 da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares, a primeira das 27 da FEMP en constituírse.

Ademais, acordouse a descentralización das reunións da comisión, que se celebrarán ao longo de toda a xeografía española. A primeira delas terá lugar o vindeiro 9 de marzo na Deputación de Barcelona e nela aprobarase o plan de traballo para os próximos catro anos. A Deputación de Lugo comprometeuse, neste encontro, a participar activamente nesta comisión e formalizar propostas nas vindeiras semanas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com