Tomé recibe na Deputación ao alumnado do CPR Torre de Lemos

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu no Pazo de San Marcos ao alumnado do CPR Torre de Lemos, de Monforte. Tomé respondeu ás preguntas dos rapaces, que se interesaron polo día a día do Presidente e polas funcións que ten que desenvolver no seu cargo.

Ao longo da mañá, visitaron o Centro de Produción Audiovisual da Deputación para participar no programa Os TICodiarios. Puideron ver o traballo que desenvolve o servizo involucrándose dunha forma activa mediante a realización dun informativo de televisión. Coñeceron de preto o funcionamento diario dun estudo de televisión, e levaron á práctica todo o aprendido coa presentación dun informativo, onde se incluíron noticias reais, enquisas feitas polo propio alumnado e información meteorolóxica co emprego dun croma.

No Salón de Plenos, os 25 rapaces e rapazas exerceron como Deputados, cos seus correspondentes grupos políticos, e debateron sobre cuestións de interese local e comarcal. Na orde do día incluíron a construción dunha residencia da terceira idade en Monforte, a posible creación dunha granxa escola na finca de Tor, a construción dun parque acuático ou o impulso dun centro de protección animal.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 13, 2019 - 10:08 PM

    Que perda de tempo

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com