Tontos para Iberdrola

Sorprendeume escoitar que “Só os tontos que siguen coa tarifa regulada do Goberno pagan máis luz”, parecéndome un exceso verbal de alguén descontento coas decisións oficiais ou dun francotirador que dispara contra gobernantes e gobernados. A sorpresa descolócame cando vexo que foron alegres palabras na TV1 de Ignacio Sánchez Galán, Presidente de Iberdrola, nun alarde de mal gusto dun xigante cara aos sufridos liliputienses soportadores dos imperios eléctricos.

Sorpresa doble pola miña parte tendo en conta que sen revisar as comunicacións da súa empresa non sei se son tonto ou listo, porque non teño as licenciaturas precisas para descifrar os seus contratos, os seus procedementos e as súas facturas, xa que o proceder das grandes empresas baséase na chamada telefónica, a promesa de descontos, o tratamento preferencial, o feito consumado sen máis recurso que a denuncia ao correspondente organismo por se o “listo” da historia deixou algún cabo solto.

Son declaracións de maio de 2022, que veñen coincidir co tempo no que a empresa de Sánchez Galán mandou correos electrónicos aos seus usuarios anunciando que triplicaba o importe do gas da calefacción, dándoos por notificados porque nos seus arquivos afirman que aparece que ese correo foi aberto no ordenador do destinatario, cando o mínimo esixible sería unha desas chamadas telefónicas interesadas, con gravación da conversación para que sirva de proba.

Vai resultar que ten razón no de chamar tontos aos liliputiense, pero non polo da tarifa regulada polo goberno, senón por non denunciar certos comportamentos de xigantes listos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com