As tormentas causaron anegamentos en Palas, Guitiriz, Monterroso, O Corgo e Castroverde

As tormentas, que nalgúns casos viñeron acompañadas de sarabia e vento, provocaron anegamentos en varios concellos da provincia de Lugo. Palas de Rei, Guitiriz, Monterroso, O Corgo e Castroverde foron os concellos onde, na tardiña de onte, máis se deixaron sentir os efectos do fenómeno meteorolóxico adverso.

En concreto, unha forte sarabiada caeu sobre a A-6, ao paso polo municipio de Guitiriz, o que obrigou a moitos condutores a reducir considerablemente a velocidade. Alertados polo persoal do 112 Galicia, os Bombeiros de Vilalba acudiron á autovía e pouco despois confirmaron que a circulación recuperara a normalidade.

Tamén se rexistraron inundacións en vivendas e baixos, como foi o caso de Monterroso, na Avenida de Santa Lucía; e Guitiriz, na parroquia de Parga, onde se anegou un restaurante.

Ademais, o 112 Galicia recibiu varias chamadas de veciños de Palas que informaban da caída de árbores. Mesmo algún entorpecía a circulación, por exemplo, na LU-231. Tamén en Palas de Rei, as chuvias fixeron que se desbordara unha fosa de purín, que verteu a unha estrada municipal, no lugar de Santín.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com