Trabada énchese mañá coas actividades fluviais e gratuítas da Deputación

Un ano máis a Ría de Abres en Trabada, contará coas actividades lúdicas, deportivas-fluviais, gratuítas e abertas para todos os públicos, que o Goberno Provincial leva entre os meses de xullo a setembro a Concellos da provincia. O concello  convida a todos os veciños e visitantes a achegarse a este entorno e desfrutar destas actividades completamente gratuítas para todos os públicos. Ademais  o domingo día 26 ás 22:00 horas na praza do Concello, haberá unha proxección de cine, coa emisión da película Gru 3.

Con esta iniciativa o Goberno da Deputación contribúe a poñer en valor os recursos naturais e paisaxísticos, xa que as actividades desenvólvense en enclaves únicos, como son os ríos e as praias fluviais da provincia. Ademais, esta iniciativa convertese nunha alternativa ao turismo de praia, e tamén ofrece a todos os visitantes poder descubrir as posibilidades de lecer dos nosos ríos.

Actividades e seguridade

A sesión de mañá sábado día 25, cunha duración de tres horas, comezará ás 16:00 e rematará ás 19:00 horas,  e contará coa supervisión de, cando menos, un coordinador e entre seis e doce monitores, que se encargarán do coidado e atención dos participantes para garantir unha actividade divertida e segura. As persoas que non saiban nadar terán que ir acompañadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com