Trabada, Mondoñedo e Viveiro, primeiros concellos da Mariña que se adheren ao convenio de vivendas sociais da Xunta e FEGAMP

Os alcaldes de Trabada, Mondoñedo, Pobra de Brollón, Guitiriz, Monforte de Lemos e o tenente alcalde de Viveiro, participaron hoxe nun acto xunto ca conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, para asinar o documento suscrito entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), e que permite que as persoas con menos recursos ou en risco de exclusión social poidan acceder a unha vivenda.

Deste xeito, Mondoñedo, xunto con Trabada e Viveiro, son os tres primeiros concellos da Mariña que se suman á iniciativa; o que, en palabras da rexedora mindoniense, Elena Candia, “pemite dotar de más recursos ao nosos municipios, garantindo, ademais, o dereito constitucional de que todos os cidadáns dispoñan dunha vivenda digna”.

“O que buscamos é unha utilización máis racional das vivendas. Mobilizamos os inmobles desocupados para poder destinalos a alugueiro social e achegar solucións ás familias en risco de perder o seu fogar”, subraia a alcaldesa. Por este motivo, considera que é unha medida “necesaria e útil”. “Serve de salvavidas para aquelas persoas que o están pasar mal”, destaca.

Elena Candia agradece a disposición da Xunta e da FEGAMP para o desenvolvemento deste proxecto, xa que se demostra que, “grazas á planificación entre administracións dos criterios que rexen as políticas sociais conseguiremos que non haxa xente sen casa, nin casas sin xente”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com