Traballadores do grupo Martínez Núñez denuncian a lentitude da xustiza

Segundo un comunicado emitido pola CIG, os traballadores das empresas Catisa e Hormigones La Estrella, volverán manifestarse este xoves diante das administracións, para reivindicar, “o bloqueo xudicial que padece este caso”. Anos despois da sentenza xudicial que lles daba a razón ós traballadores e traballadoras galegas das empresas Catisa e Hormigones La Estrella na súa demanda de extinción dos contratos e de múltiples denuncias públicas dos mesmos para unha unha solución que lles permita dunha vez por todas, percibir a parte que lles queda pendente de cobrar das indemnizacións de 45 días por ano traballado que gañaron no Xulgado. “Até o de agora, cobraron tan só 30 días, que aboou o Fogasa” afirma Afonso Losada, responsábel da CIGConstrución.

Preguntado sobre o porqué deste retraso, Afonso Losada amósase contundente ”é un cúmulo de inoperancia administrativa da Xunta e do Goberno Central por un lado e do retraso habitual nos xulgados do social, que están desbordados por anos de crise e conflitos nas empresas, que non se soubo acompañar dende a administración dun aumento de medios que permitira asegurarlle ós traballadores e traballadoras a tutela efectiva da xustiza.”. Losada continúa, “neste momento, están pendentes de executarse varios embargos iniciados contra as dúas empresas, que van dende varios camións até algunha das plantas de formigón das firmas. Estes embargos levan paralizados meses debido a que, por un lado, a empresa que debe facer a taxación previa para que as plantas saian a poxa, deixou de efectuar as mesmas debido aos impagos da administración de Xustiza o cal nos parece vergoñento”.

Por outro lado, “están pendentes de precintar varios camións que foron embargados e dos que nin Garda Civil, nin Policía Local de Monforte e de Pereiro de Aguiar, que foron os corpos de seguridade requiridos para facelo polo Xulgado, efectuaron dito precinto nin contestaron tan sequera ó Xulgado despois de meses. Mentres tanto asistimos atónitos á venta dos activos da empresa”, remata Afonso Losada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com